sábado, 24 de octubre de 2015

Mudamos

Ola:
Despois dun tempo curto de probas e da incursión na blogesfera decidimos dar un cambio e modificar a forma de presentar a información aos nosos lectores e lectoras.

Dende aquí invitámosvos a acompañarnos nesta nova dirección: oganapandaspalabras.blogspot.com.es (preme na imaxe).

http://oganapandaspalabras.blogspot.com.es/


Encheremos de contido para ti este novo lugar virtual e, xa sabes, colocános na barra de favoritos para estar sempre ao teu alcance.

Un saúdo e ata pronto.

miércoles, 22 de enero de 2014

A Paz na Biblioteca

Despois da parada vacacional e algo máis volvo con novidades para os lectores e lectoras. Non sei se vos fixastes no Recuncho do Lector porque xa están postos nos taboleiros os xogos do mes de xaneiro co gallo do Día Escolar da Paz e Non Violencia.

Un dos xogos é o XOGO DE PISTAS  no que dende hoxe día 22 ata o 29 aparecerán 5 pistas (unha por día) que nos levarán a descubrir un personaxe relevante do mundo relacionado coa Paz e a Non Violencia.
Tedes que averiguar de quen se trata e escribir nun papel, que depositaredes no caixón de correos que hai na porta da biblioteca, o seu nome e os teus datos persoais (nome, apelidos e curso).
Se averiguas o personaxe coa 1ª pista gañarás 6 bibliopuntos, 5, 4, 3 ou 2 se o averiguas coa 2ª, 3ª, 4ª ou 5ª pista.

Estade atentos e non deixedes de participar.

A pista de hoxe é:



Tamén xa está preparado o XOGO DAS LINGUAS no que tedes que buscar como se di a palabra PAZ en determinados idiomas.

Non vos esquezades de pasar polo Recuncho e participar.

Vémonos enseguida con máis novidades sobre a xornada da paz.

Un saúdo

domingo, 3 de noviembre de 2013

La niña de rojo

Coa celebración do Samaín damos entrada a Novembro, o mes do medo. E para que todos e todas poidades disfrutar del temos preparada unha exposición na biblioteca con algúns dos fondos dos que dispoñemos para que leades na biblioteca ou na hora de ler. Se queredes levalos para casa tedes que esperar uns días pois se non quedamos sen historias de medo.

Dende este espazo quérovos acercar a unha historia que dá medo, moito medo,...
Trátase de La niña de rojo, unha versión moderna da mundialmente coñecida Carapuchiña vermella.
Nesta ocasión da man de Roberto Innocenti podemos disfrutar dun álbum ilustrado precioso, con moitísimos detalles que transmiten un clima realista vivido pola protagonista a través das imaxes que o autor creou para esta xoia. Disfrutade dalgunhas das súas imaxes.








jueves, 31 de octubre de 2013

Samaín - Halloween

Benqueridos lectores e lectoras: por fin chegou a primeira festa do curso, o Samaín. Non sei se asistiredes a algunha festa pero tanto se ides como se non quérovos contar, nesta noite de medo, a súa orixe.

Todo comezou hai uns 2.500 anos cando o ano celta remataba ao final do verán, o 31 de outubro, no que se celebraba o festival de Samhain, a festa dos mortos. Naquel momento pensábase que os espíritus podían saír dos camposantos e apoderarse dos corpos dos vivos. Para evitalo, construían fogueiras enormes e recitaban conxuros xa que os feitizos e a maxia eran máis potentes. Ademais nos poboados celtas decoraban as casas con ósos, caveiras e demais cousas desagradables para que os mortos se asustasen ao pasar.

Moito máis tarde os celtas chegaron a emigrar ás Illas Británicas, Escandinavia e Europa Occidental, e,  no ano 840 fíxose a tradución ao inglés como All Hallow´s Eve. Co paso do tempo a pronunciación foi cambiando e pasou a "All Hallowed Eve", posteriormente a "All Hallow Even" para rematar na palabra que hoxe coñecemos "Halloween".

A coñecida expresión "Trick or treat" (Treta ou trato) ven de que os sacerdotes druidas (que tamén celebraban a festa dos mortos) iban de casa en casa exisindo alimentos para ofrecer ao seu deus Samhain no festival da morte; se llos daban facían un trato (treat) e marchaban en paz. Pola contra, se no lle daban alimento algún lanzaban unha maldición sobre a casa enteira. Esa era a trampa ou treta (trick).

Os mesmos druidas levaban con eles un nabo grande cun oco no interior e cunha cara tallada no frente para representar o espíritu do que recibían o seu poder e coñecemento, o mesmo que se encargaría de executar a maldición.
Coa chegada destas prácticas a Norteamérica nos séculos 18 e 19, os colonizadores sustituíron os nabos por cabazas tal e como o coñecemos hoxe.

E para rematar esta historia do Samaín ou Halloween traio un pequeño recopilatorio en imaxes das diferentes cabazas que tan ben decorastes e levastes á escola, e lembrade que na biblioteca están esperando unha morea de historias terroríficas, monstrosas e arrepiantes.

Disfrutade co medo!!!!!
Un saúdo.




domingo, 27 de octubre de 2013

Boletín do Lector. Outubro - 13

Xa temos o número do Boletín do Lector co que conmemoramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Nesta ocasión, ademais de entregalo aos membros da comunidade educativa poñémolo a vosa disposición no blog da biblioteca. Un saúdo.